Comezar

BENVID@S

SOBRE NÓS

MAM traballa no sector das industrias culturais e creativas (ICC) dende 2007. A nosa experienza profesional permítenos crear calquera evento a medida. Somos especialistas en facer do teu proxecto un éxito e desenvolver eventos en espazos únicos. O teu reto converterase no noso mellor proxecto. Servizo integral, dirección e produción 360º dos teus proxectos, xa sexan presenciais, en streaming ou diferidos.

Debido á nosa dilatada experiencia no ámbito xuvenil tamén ofrecemos asesoría, formación e relatorios no ámbito de diferentes programas Europeos de mobilidade xuvenil, xeración de novas audiencias e na área de Mocidade en xeral.

ARTEFICIAL

Produción técnica e artística do Festival Artístico de Ribadavia e fundador do evento creado no 2007 pola asociación cultural Arteficial.

Le máis

MUSGO

Codirección do Festival Musgo, xunto con Doppler Xestión Cultural e Todomedre, que ten lugar na cidade de Ourense dende 2019.

Le máis

SONS DA CANTEIRA


Produción técnica e artística do festival "SONS DA CANTEIRA" (evento adaptado á situación de emerxencia sanitaria provocada  pola Covid-19).


Le máis

VIVE NIGRÁN 2017-2019

Co-director, socio fundador e responsable da produción artística e técnica durante os primeiros 3 anos dos eventos Vive Nigrán, Solpor de Monteferro e Rock In Patos.

Le máis

OUERENSEICCWEEK

Coordinación técnica e artística ata 2020, para a Deputación Provincial de Ourense en diferentes espazos da provincia. Para este temos  contratado relatores e artistas como:

Iván Ferreiro, Love Of Lesbian, Marlango, Depedro, Kiko Veneno, Carlos Jean, Iker Jiménez, Óscar Mariné, Elsa Punset, Javier Mariscal, Ouka Leele, Paco Clavel, Óliver Laxe, Alejo Estivel, Ágatha Ruíz de la Prada, Juanra Bonet, Raquel Córcoles, Luis Piedrahita...

Le máis

UKPDAY

Evento que xira en torno ao instrumento Ukelele e desenvólvese con "O Gato Cósmico", no Castelo Medieval de Ribadavia:

Pasaron por este festival, artistas como:

Enric Montefusco, Marem Ladson, Os Amigos Dos Músicos, Víctor Coyote, Ryan Sambol, Yoyo Borobia, Mathilda, Rita Braga,  Birds Are Indie, Gentleman Clef, Néboa...


Le máis

RIBEIRO BLUES & WINE FESTIVAL

Festival de Blues feito ata 2020 para o Concello de Castrelo de Miño onde programamos a artistas como:

Raimundo Amador, Marta High, Susan Santos, Claudio Gabis, Corey Harris Band, Shirley Davies, The Soul Jacket... 

Produción artística e técnica.


Le máis

SOLPORES DO MUSEO

Ciclo feito para a Xunta de Galicia en xullo e agosto de 2019, no Museo Do Mar de Vigo e onde programamos artistas como:

Zenet, Baiuca, Aurora & The Betrayers, Joe Crepúsculo, Soleá Morente, Presumido...

Coordinación da produción técnica e artística.


Le máis

CONGRESO MOCIDADE

Evento MOCIDADE para a Xunta de Galicia. "Encontro da xuventude creativa Galiza-Norte de Portugal" en Santiago de Compostela. Programamos artistas e poñentes como:

El Langui, Arkano, Triángulo de Amor Bizarro, Cora Novoa, Ortiga, Xurxo Carreño, Marem Ladson, Dani, Oliver Laxe...


Le máis
Share by: